As festas do Carmen celébranse do 7 ó 11 de setembro en Porto do Son. 5 días de festexos que encherán de alegría esta vila mariñeira atraendo a veciños e visitantes a desfrutar da festa e tamén da parte litúrxica das celebracións. Esta mañá o programa foi presentado polos concelleiros de Promoción Económica Antonio Romero, e o de Cultura Manuel Deán, acompañados de varios membros da comisión de festas. Ambos agradeceron o traballo realizado pola comisión de festas.
Dende a comisión de festas agradeceron o apoio de todos os veciños e sobre todo o bo trato recibido nas casas.
https://www.youtube.com/watch?v=PFs7NHkOAT4