O Presidente Da Xunta Inaugurou Hoxe En Vigo O Ii Simposio Científico Internacional Para A Innovación Na Industria Mariña E Alimentaria

O presidente da xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o compromiso e o apoio do Goberno galego ao fomento e promoción da I+D+i na industria mariña e alimentaria galega co fin de que gañe competitividade e poida responder mellor ás demandas de mercados e de consumidores. Así o sinalou durante o acto de inauguración do II Simposio científico internacional para a innovación na industria mariña e alimentaria, que se celebra hoxe e mañá na cidade de Vigo.

O mandatario autonómico considerou que de cara aos próximos anos, o valor engadido que achegarán os resultados da I+D+i será “determinante” á hora de acadar os niveis de competitividade e as cotas de mercado que o complexo mar-industria precisa para facer fronte aos retos dun mercado cada vez máis globalizado e exixente.

Nesta liña, lembrou que Galicia conta cun sistema alimentación-industria que xera o 7,5% do valor actual neto galego e que acolle case o 10% das persoas empregadas; é unha potencia pesqueira e acuícola a nivel mundial, cuns ingresos anuais arredor dos 770 millóns de euros, dando emprego a máis de 4.200 persoas; e ocupa o primeiro posto da Unión Europea e o segundo a nivel internacional no que a conservas de pescados e marisco se refire, un segmento que achega case 12.000 postos de traballo e o 78% do emprego do sector en España, acadando arredor de 1.120 millóns de euros anuais en facturación, o 85% do total nacional.

Así mesmo, a Xunta ten inxectado 6 millóns de euros aos centros de coñecemento da Comunidade –CECOPESCA e CETMAR- para o desenvolvemento de produtos e servizos competitivos e para a diversificación do sector alimentario.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.