15 mozos e mozas fórmanse dende mañá no obradoiro de emprego “BOIRO EMPREGA II” , o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, deulles esta mañá a benvida, e desexoulles que lles aporte unha formación útil para lograr un posto de traballo. Juan José Dieste explicou que dadas as elevadas cifras do paro decidiron diversificar a formación e apostar por un curso de utilidade na comarca.
O obradoiro de emprego “Boiro Emprega- Escola Obradoiro Xardíns de Boiro II” é un programa programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Boiro.
Tras a realización deste obradoiro mixto de formación e emprego os alumnos e alumnas obterán un certificado que os capacita para a relización de actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería.
A posta en funcionamento do obradoiro xera ademais 6 postos de traballo, un director, 4 mestres e un auxiliar administrativo. A parte práctica do curso aproveitarse para realizar melloras no axardinamento de varias rotondas, na zona de Praia Xardín e Goiáns, e en distintas parroquias.
https://www.youtube.com/watch?v=fxio9-TUXnk