Este domingo as rúas de Ribeira volveron a ser escenario dunha proba deportiva. Nesta ocasión foi a carreira El Canario a que tomou o municipio na súa terceira edición. Percorríanse 5 kilómetros nunha cita na que había diferentes categorías, dende a sub 8 ata a absoluta pasando por parellas e zapatilla inclusiva. Máis dun cento de participantes se deron cita nesta carreira na que houbo dous nomes que sobresaíron sobre o resto: Hugo Suárez e Laura Santos.