O programa de voluntariado ambiental revaloriza o parque natural de corrubedo e as lagoas de carregal e vixán

O Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán acolleron durante este mes de agosto a grupos de cidadáns voluntarios que, dirixidos e coordinados polos técnicos de Medio Ambiente, colaboraron en labores como limpeza de praias, eliminación de plantas alóctonas ou información aos visitantes. En total foron 16 as persoas voluntarias que participaron nas catro quendas de Corrubedo.
A directora xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as actividades de voluntariado en Corrubedo e agradeceu a implicación dos voluntarios no coidado e difusión dos valores medioambientais do parque. Así mesmo, Cecilia Vázquez, destacou que “este programa permite canalizar, a través do voluntariado, a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do noso medio ambiente natural, así como axudar nas tarefas de recuperación dos ecosistemas dos nosos Parques Naturais”.

Cecilia Vázquez estivo acompañada durante esta visita do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas, as edís Herminia Pouso e Elvira Pereira, así como o presidente de la xunta consultiva do parque natural, José Luis Torres Colomer. O rexedor ribeirense destacou a importancia deste voluntariado nun entorno como o parque natural.

https://www.youtube.com/watch?v=GuP9A8fvCNI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.