jueves, septiembre 28, 2023

O CPI Cernadas de Castro recibiu este verán un investimento próximo aos 80.000 euros

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o CPI Cernadas de Castro, que durante este verán recibe diversas melloras por un importe próximo aos 80.000 euros, investidos pola Xunta e polo Concello de Lousame. Durante a súa visita o conselleiro estivo acompañado da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

A principal intervención foi financiada pola Consellería. Consistiu na segunda fase da renovación da cuberta do edificio. Con 60.000 euros empregados na que é a segunda e derradeira fase, supón culminar o cambio do antigo tellado de uralita por unha estrutura máis moderna que garante o perfecto illamento fronte á humidade, a temperatura e o ruído. A actuación inclúe tamén a dotación de novos canalóns para a recollida e evacuación de augas pluviais.

O Concello, tamén en completa sintonía coa comunidade educativa do centro, completou as melloras no CPI Cernadas de Castro con diversas obras, ás que destinou máis de 16.000 euros. Neste sentido, hai que mencionar o pintado do corredor interior, tanto nas paredes como no teito, traballos de limpeza e mellora do saneamento, o arranxo da pista deportiva con reposición do peche, e a reparación de varias zonas do pavimento do patio.

No seu encontro co equipo directivo do colexio e co presidente da ANPA, o conselleiro atendeu tamén a petición, para vindeiros cursos, de cubrir un dos patios exteriores do centro, co obxectivo de facilitar o acceso ás instalacións en xornadas de chuvia.

https://www.youtube.com/watch?v=h-9ZFzeKwBQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.