Unha lancha incorpórase aos medios dos que dispón Protección Civil de Boiro

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, respondeu ás necesidades de Protección Civil de Boiro dotándoos dunha lancha de 30 cabalos, 9 metros de eslora e que soporta 900 quilos de peso.

Esta trátase dunha nova incorporación que se suma ás dos anteriores meses dunha furgoneta; un equipo de material, maquinaria e motores de emerxencia; unha carpa; e, un equipamento para tentar paliar a plaga da avespa velutina.

A lancha supón unha dotación importante e novidosa para Protección Civil de Boiro, que leva traballando desde o ano 1994. Ademais, tiveron palabras de agradecemento.

Coa incorporación de todo este material, Protección Civil poderá mellorar o seu servizo e cobertura en Boiro, así como no resto de municipios da comarca da Barbanza.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.