Despois dunhas tempadas nas que o cerco non estaba moi satisfeito coas súas capturas de peixe, semella que hai bastante cantidade de xurel e bocarte. Iso sí, a sardiña continúa sen caer nas redes dos mariñeiros.
Ademais, estáse collendo bastante xurel, lirio, pescadilla, nécora e ameixa. Con respecto a esta última, agárdase que non lle afecte a toxina de igual xeito que está sucedendo co mexillón. Así mesmo, os barcos que andan aos miños están levando a terra moita faneca, robaliza, sargo e pulpo, o cal se atopa a niveis propios da campaña de verán.
As especies máis demandadas son a robaliza, o sargo, a nécora, o camarón e o percebe.
En xeral, os prezos estánse mantendo porque estamos a finais de mes. De feito, esta situación sempre se produce nos últimos días de agosto. Os prezos non adoitan estar demasiado elevados. Tampouco axuda que o bocarte, por exemplo, veña un pouco picado, ou que o xurel acade un tamaño mediano e non teña tanta saída no mercado como o grande. Isto provoca que o importe destas especies sexa bastante baixo.
https://www.youtube.com/watch?v=SogBttM3JRc