Extinguido o lume de Leiro, que afectou a 27 hectáreas de monte arborado

A Consellería do Medio Rural informou a mediodia de hoxe da extinción do incendio iniciado onte a tarde na parroquia rianxeira de Leiro.
Á 13:08 horas deste mediodía quedaba extinguido o lume rexistrado no concello coruñés de Rianxo, parroquia de Leiro, tras comezar onte ás 15:26 horas da tarde. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 27 hectáreas de arborado. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 9 axentes, 23 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 3 avións.

https://www.youtube.com/watch?v=Trto1ohnYkA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.