A Garda Civil pide voluntarios para colaborar na búsqueda de Diana Quer, así llo transmitiron ó coordinador de Protección civil da Pobra do Caramiñal, o alcalde Xosé Lois Piñeiro agarda que se sumen á colaboración na búsqueda de Diana Quer numerosas persoas.
Dende o Concello da Pobra convocan a todas as persoas que desexen colaborar coa búsqueda a unha reunión que se celebrará o mércores, día 31 de agosto as 20:30 no salón de plenos da casa consistorial.
Durante o dia de hoxe a Garda Civil, Voluntarios de Protección Civil continuaron coa búsqueda da rapaza polos montes da Pobra, peináronse o entorno do río Pedras e varias pistas forestais, a esta búsqueda por terra sumáronse soldados de infantería de marina, mentres a patrulleira da Garda Civil continúa coa búsqueda pola ría.
A medida que pasan os dias vanse coñecendo novos datos e testemuñas, así nas últimos horas houbo quen apuntou que tiña visto á moza no entorno da festa arredor das sete da madrugada. Son novas pistas que a Garda Civil manexa e trata de corraborar. O pai de Diana María Quer sinalou hoxe que hai datos positivos na investigación. A garda civil mantén agora dúas hipóteses, tras perder peso un posible secuestro ou un suicidio. Ademais o pai da moza descartou novamente a marcha voluntaria da moza, dando conta ademais do carácter prudente da súa filla.
Á investigación incorporouse tamén unha unidade tecnolóxica especializada para tratar de localizar o iphone da moza, mentres continúa o visionado de cámaras de seguridade e viarias.
Juan Carlos Quer. Agradece os apoios que están a recibir e pide novamente a colaboración cidadá.
Diana María Quer desapareceu o 22 de agosto na Pobra do Caramiñal, A moza mide 1,75 metros de estatura, pesa 55 kilos, e morena co pelo longo, no momento da desaparición vestía un pantalón curto de cor rosa e unha camiseta blanca, calza zapatillas negras. Se alguén ten unha posible pista sobre o seu paradoiro pode chamar ó teléfono 062 da Garda Civil ou ó cuartel da Garda civil de Boiro 981 84 99 80.
https://www.youtube.com/watch?v=BCrPjMMDOjs