A apertura da nova lonxa de Ribeira está prevista para decembro

Durante a xornada de onte celebrouse unha nova reunión de traballo para poñer en funcionamento toda a lonxa de Ribeira. Nesta xuntanza estiveron presentes tanto os previsibles adxudicatarios coma aqueles que están en lista de espera. Básicamente, o que se lles comunicou foi como se ían desenvolvendo as diversas fases de incorporación á nova lonxa. Entre outros temas, informóuselles do actual prezo das chabolas, da mellora do contrato eléctrico e do prazo dun mes do que dispoñen para decidir se continúan utilizando os antigos alpendres. Polo tanto, foi un encontro no cal se expuxeron tódalas condicións, de tal xeito que vaian pensando se incorporarse á nova infraestrutura ou non.

Así mesmo, anunciouse a intención de que a nova lonxa se atope funcionando a pleno rendemento no mes de decembro. Neste momento, o concurso está adxudicado e agora están ultimando os últimos flecos correspondentes á autorización por parte de Portos de Galicia.

Deste xeito, comezan a moverse as cousas para que a actividade nesta infraestrutura se desenvolva sen ningún tipo de inconveniente a finais de ano.

https://www.youtube.com/watch?v=qEyUCJYRLM4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.