A flota de artes menores da comarca atópase inqueda ao esgotarse o cupo de merluza

O sector pesqueiro da comarca da Barbanza recibiu o pasado venres unha mala nova. A flota de artes menores queda sen pescar merluza. ¿A razón? O cupo asignado para este trimestre esgotouse, cando aínda falta un mes para que se realice un novo reparto.

O número total de embarcacións afectadas por esta medida ascende a 12 en Ribeira, que posúe unha importante flota de artes menores que adoita traballar con palangre, vetas e miños. De feito, hai barcos que se dedican en exclusiva á captura desta especie con palangre e que, a partir de hoxe, terán que optar pola pesca doutros peixes como, por exemplo, a palometa encarnada, o lirio ou o besugo. Non obstante, non se sabe como van afrontar o mes. O problema é que vai entrar merluza nas redes e van a ter que descartala.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou que dende a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio lle confirmaron que, atendendo á petición do sector e tralo peche realizado a finais da semana pasada, a partir das 00:00 desta noite procederáse á reapertura da pesca de merluza para artes menores.

https://www.youtube.com/watch?v=UMXiK1-39zc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.