Rianxo

Rianxo convertiuse no epicentro do xadrez durante a xornada do sábado

O VIII Torneo Internacional Concello de Rianxo convertiu a vila nun fervedoiro de xadrecistas de todo o mundo. Entre as máis de 270 persoas que participaron neste evento, destacou a figura do gran mestre israelí Michael Oratovski. No podio estivo acompañado polo serbio Aleska Strikovic e o arxentino Alejandro Hoffman. A cuarta posición recaeu en David Lariño e, no referente ao mellor local, o trofeo foi para Daniel Martínez. A cita contou con outros referentes no mundo do xadrez, como o campión galego, Fernando Sánchez, ademais de cinco mestres internacionais e catro FIDE.

Na clasificación xeral por equipos, a Escola Ferrolana de Xadrez alcalzou o primeiro posto, seguida do Círculo Chantandino e, finalmente, do Club de Xadrez Padrón. O podio en afeccionados estivo composto por José Francisco Dorado, Xosé Ramón Suárez e Joao Couto. En sub-14, o ouro foi para Mateo Díaz, a prata para Jorge Méndez e o bronce para Óscar Victorero. Na modalidade sub-12, a vitoria foi parar a Andrés Rodríguez, mentres que César Pérez quedou segundo e Xacobe Conde finalizou en terceira posición. Xabier Pérez resultou gañador na categoría de sub-10, Raúl Seoane fíxose co título de subcampión e David Cernadas quedouse co terceiro posto. En sub-8, o podio estivo composto por Diego Cacheiro, Nerea Cereijo e Iago Fernández.

En total repartíronse 2.000 euros entre tódolos vencedores, os cales foron entregados pola alcaldesa en funcións, Adelina Ces.

A pesar dos seus oito anos de traxectoria, o torneo conseguiu situarse nun lugar destacado dentro do calendario de eventos nacionais que se disputan baixo o formato de partidas rápidas. O bo facer da organización, da cal se encargou o Club Xadrez Rianxo co patrocinio do Concello de Rianxo, fai que cada edición conte con máis xogadores que deciden achegarse ata esta vila do Barbanza.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.