jueves, septiembre 28, 2023

A III Festa do Polbo de Palmeira pecha o calendario de citas gastronómicos na comarca da Barbanza

A terceira edición da Festa do Polbo de Palmeira pechou o calendario culinario do verán con dúas intensas xornadas nas que o cefalópodo se convertiu no gran protagonista. Unha vez máis, Manuel Veloso foi o encargado dos fogóns e, ademais do polbo, ofreceu outros pratos propios do país como, por exemplo, navallas, ameixas ou churrasco.

A pesar de que a carpa abriu as súas portas o sábado, os veciños e visitantes tiveron a oportunidade de achegarse ata o mercado artesanal instalado na explanada portuaria desde a tarde do venres. Durante a xornada do sábado sucedeuse un intenso programa de actividades complementarias, con inchables para os cativos, exhibición de taekuondo e a actuación musical de Mariú. Así mesmo, ás 20:00 da tarde celebrouse o pregón a cargo do taekuondista Álex Vidal.

A noite do domingo estivo amenizada por un DJ, mentres que a charanga Os Celtas e o grupo Xiada se encargaban de darlle vida á celebración durante o día. Ademais, a afluencia de comensais na xornada do domingo foi moi superior á do sábado.

https://www.youtube.com/watch?v=vdmqRX6M4bE

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.