A Concentración Tunning Riveira contou este ano coa participacion de medio cento de vehículos ao longo dos días 3 e 4 de setembro. Da man da Asociación GDC Tunning Club de Riveira, e coa colaboración co Concello esta actividade desenvolveuse cun carácter solidario ao axudar á asociación Callejeros Barbanza de protección de animais.
Chegados dende todolos recunchos de Galicia , Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid ou mesmo de Portugal, os vehículos percorreron as rúas de Santa Uxía nun espectacular carrusel. Ademais estiveron amosando os seus interiores en Coroso onde se realizaron probas de medición de son e de iluminación .
https://www.youtube.com/watch?v=mJ1L_1o9DhM