Os deportistas Laura Parada e Álex Vidal visitan aos nenos e nenas do Verán Cultural de Ribeira

Os nenos e nenas que participan nas actividades do Verán Cultural do Concello de Ribeira celebraron hoxe unha festa para despedir o mes de agosto no colexio O Grupo. Baixo o título «Ribeira: capital do deporte», as actividades serviron para exaltar a importancia do deporte e os seus valores aproveitando o Ano Olímpico.

Para poñer o broche final, ás 12:00 do mediodía recibiron a visita de dous deportistas. A remeira Laura Parada e o taekuondista Álex Vidal explicáronlle aos cativos en que consisten as súas disciplinas e lembráronlle que o máis importante é estudar.

Pola súa parte, os pequenos estaban entusiasmados de contar coa presenza desas dúas figuras do deporte, aos que tiveron a oportunidade de formularlle preguntas e, incluso, de participar nunha exhibición.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.