Remata A Edición Máis Animada Das Festas De Santa Uxía

As festas de Santa Uxía deron fin no día de onte ao son da Coral Polifónica Municipal de Ribeira, que cantou na Igrexa Parroquial, dirixida por Enrique Paisal e coa posterior procesión coa virxe.

Non en balde, tratouse da edición máis animada de Santa Uxía. O venres a última hora, unha das protagonistas da velada foi A Rosa. A mítica formación folk levou ao Dique as súas pezas populares galegas e arrincou a euforia do respectable. Talvez para darlle un toque máis íntimo aos concertos, como xa sucedera ao mediodía coa sesión vermú, os grupos actuaron nun pequeno escenario, moi preto do público, o que invitaba a contaxiarse do que se facía sobre a palestra e bailar e cantar.

O sábado, novamente, houbo festa todo o día. Cada pouco tempo, e estivese un na rúa de Santa Uxía que estivese, podía oír melodías de fondo grazas á ampla programación musical.

Pero, sen ningunha dúbida, o que máis triunfou ao longo das celebracións foi o arte local. O festival de baile da Asociación Cultural Alfaia do sábado tivo un cheo rotundo no auditorio, tomado en gran parte por pais e nais desexosos de ver danzar aos seus fillos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.