As excavacións realizadas no Castro Grande de Neixón deixan ó descuberto dúas murallas de gran importancia

As excavacións realizadas no Castro Grande de Neixón deixan ó descuberto dúas murallas de gran importancia. O alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortiguiera, e a concelleira de cultura e patrimonio, Helena Teixeira Barcala, visitaron hoxe os traballos que se están a desenvolver na zona arqueolóxica dos castros de Neixón para supervisar os resultados e proceder a clausurar o curso de arqueoloxía práctica no que particIparon 20 personas.

Estes traballos promovidos polo Concello de Boiro desenvólvense no marco do curso de arqueoloxía práctica do Barbanza edición 2016, que se distribúe en dúas quendas. Na primeira quenda, os traballos desenvolvéronse no xacemento arqueolóxico de Río Barbanza (serra do Barbanza); e, nesta segunda, os traballos céntranse no Castro Grande do Neixón. Precisamente é neste último lugar onde se veñen de descubrir as dúas murallas que enmarcan este asentamento entre a metade do século I a.C. e a metade do século II d.C.

O concello de Boiro realizou unha inversión que ronda os 30,000 euros para continuar coa aposta polos descubrimentos arqueolóxicos no municipio, cóntase ademais co apoio da Deputación da Coruña, e a Dirección Xeral de Xuventude. Agora dende o Concello boirense tratarán de buscar o apoio doutras administracións para dar continuidade a estes traballos.

https://www.youtube.com/watch?v=dI4X0wJGgtk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.