Rianxo

Rianxo acolle o VIII Torneo Internacional Concello de Rianxo de Xadrez que se disputará no Pabellón Municipal o vindeiro sábado 27 de Agosto

Este sábado 27 de agosto de 2016 dispútase en Rianxo o VIII TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE RIANXO de xadrez rápido en categoría absoluta exclusivamente para xogadores federados, categoría de promoción para xogadores ata sub 14 e afeccionados para aqueles xogadores nos federados ou que non teñen ELO.
O Torneo de Rianxo a pesar de que tan so leva sete edicións, xa conseguiu situarse nun lugar destacado dentro do calendario de eventos nacionais que se disputan baixo o formato de partidas rápidas. O bo facer da organización en anteriores edicións fai que cada ano sexan mais os xogadores que se achegan a esta vila do Barbanza.
A organización está moi satisfeita coa participación que supera os 250 xogadores inscritos .

https://www.youtube.com/watch?v=ITVn_SVbgus

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.