A semana pasada a Xunta de Galicia impulsou unha serie de actividades vencelladas ao día mundial do Medio Ambiente. Arrancaron e finalizaron en Ribeira, concretamente no parque natural de Corrubedo. Neste marco, o departamento de Medio Ambiente, encabezado por Angeles Vázquez, impulsou un proxecto para o seguimento do sapoconcho europeo no parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán do que se obtiveron bos resultados.




