Unha xornada máis sen noticias do paradoiro da moza Diana María Quer López-Pinel, desaparecida na madrugada do luns na Pobra do Caramiñal. Esta mañá a Garda Civil realizou unha búsqueda con apoio canino pola zona onde se lle perdeu a pista e os arredores da vivenda, sen éxito. A familia da moza continúa á espera de algunha noticia que aporte luz a esta desaparición, coa esperanza de recuperala.
A garda civil mantén abertas catro liñas de investigación, unha investigación que levan herméticamente, xa que poucos datos trascenden. Hoxe puidemos coñecer a aparición dunha nova testemuña, que podría ter visto á moza subíndose nun vehículo, son moitas as persoas que están a colaborar nesta investigación, o que agradecen dende a familia da moza.
O pai de Diana María Quer confirmou a existencia dunhas mensaxes que a moza mantivo aquela madrugada cando voltaba hacia a casa dende o centro da Pobra, máis afirmou que só é unha liña máis na que investigar.
Juan Carlos Quer agradece o traballo que está a realizar a Garda Civil, e tamén a colaboración de todas as persoas que poidan aportar luz a esta desaparición, o proxenitor da moza desaparecida fai un chamamento ós políticos, co fin de que vexan cales son realmente os problemas dos españoles.
https://www.youtube.com/watch?v=9I_1HHsJlik