A Escola de Fútbol Municipal de Boiro e o Goberno local colaboran nunha nova edición do Torneo de fútbol Base Abanqueiro Trofeo Concello de Boiro. Retómase esta xa tradicional cita do fútbol base no municipio boirense tras a irrupción do coronavirus e faise coa edición número 14 onde se mantén a filosofía dos seus inicios.