O sector do cerco galego e da comarca está a vivir agora unha época de grande actividade, logo do complicado arranque de ano ao non contar con cota de xurelo para capturar na zona 8c, que vai de Fisterra á fronteira con Francia. Agora os cerqueiros contan con varias alternativas de pesca, pero os profesionais avogan por recuperar o peixe nesta zona para garantir o futuro.
PARTE DO CERCO GALEGO FAI UN CHAMAMENTO PARA RECUPERAR O BO ESTADO DO PEIXE NA ZONA 8C


