O monumento de Vidas Fendidas na Praza do Concello de Ribeira suma un novo nome este 2023: Ana Vanessa Serén, falecida a mans da súa ex parella no municipio de Oia en Pontevedra. Un crime machista que reuniu á veciñanza do municipio, nun acto de repulsa organizado polo colectivo Mulleres en Acción do Barbanza.