Visiblemente emocionado Juan Carlos Quer, pai de Diana María Quer, a moza madrileña desaparecida na Pobra do Caramiñal dende a madrugada do luns, agradece as mostras de apoio dos veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal e de toda Galicia, persoas que o domingo se achegaron ata a Pobra para desfrutar das festas do Carmen dos Pincheiros, e que agora tratan de aportar luz a este pesadelo que vive a familia da moza. Diana María Quer, desapareceu sobre as 2:30 da madrugada do luns, cando voltaba hacia a casa, logo de desfrutar das festas coas amigas, foi vista por última vez por unha coñecida no paseo do Areal, a un kilómetro da casa onde pasa as vacacións do verán coa familia. Poucas pistas hai sobre a paradeiro da moza, o pai da rapaza, fai un chamamento á poboación por lograr recabar mais datos sobre o acontecido.
Os últimos datos que dela se teñen é que falou polas redes sociais cun amigo de Madrid, ó cal lle indicou que un home a chamaba, e estaba a sentir medo. A policia xudicial da garda civil está a levar a investigación deste suceso, manteñen varias liñas de investigación abertas, malia que todo parece indicar que a moza puido ter sido retida contra a súa vontade, polo que parte das investigacións se centran no entorno da moza.
A mediodía suspendíase a búsqueda iniciada na tarde de onte e na que participaron efectivos de Protección Civil de Ribeira, Pobra, Boiro e Porto do son, así como a policía local da Pobra, para non interferir na búsqueda que vai iniciair a Garda Civil con cans especializados.
Precisamente esta mañá Axentes da policía xudicial recollían prendas e obxetos persoais de Diana María Quer na vivenda da familia. Mentres no concello da Pobra estanse a recibir chamadas de outras mozas que foron molestadas esa noite por algún varón, o alcalde da Pobra lamenta que se viva nunha sociedade onde acontezan cousas como estas.
Mañá realizarase un rastrexo con cans especializados, polo que se pide a veciñanza que non se mobilice para facilitar o traballo dos axentes da Garda Civil.
https://www.youtube.com/watch?v=lrkTy6mQV1Y