O domingo o Boiro celebraba a súa clasificación á fase preliminar da Copa do Rei, sen embargo neste inicio de semana o ascenso segue sendo o principal obxectivo do club. Neste senso, a directiva sinala que van a facer todo o posible para que a Real Federación Española de Fútbol recoñeza o seu ascenso a ascender á Terceira RFEF. Sobre todo despois do que se viviu o domingo no Vero Boquete, onde o Boiro se impuxo ao Xuvenil Ponteareas, e tras o ascenso do Racing Villalbés á Segunda RFEF, o que deixa unha praza libre en Terceira.
Sen embargo as cousas non están de cara para os brancos xa que a federación pretende cambiar unha normativa vixente para esta temporada na que nun inicio descendían de forma directa os tres últimos equipos dos grupos de Terceira. E con esta posible modificación, se se aproba, o antepenúltimo do grupo de Galicia, o Arzúa xa descendido, ocuparía a vacante do Villalbés. Ante esta posible situación, o presidente do Boiro, Marcos Martínez, advertiu que están dispostos a acudir á xustiza no caso de que se produza esta modificación.
Agora o Boiro ten dúas frontes abertas neste complicado camiño do ascenso: que a prospere a reclamación de aliñación indebida do Betanzos que presentou o Noia, ou que non cambie a normativa e como mellor terceiro da Preferente ocupe a praza que quedou libre en Terceira co ascenso do Racing Villalbés á Segunda RFEF.