Catrocentas persoas asistiron ao partido solidario celebrado en Boiro

Os veciños de Boiro volcáronse no partido benéfico que enfrontou a Amigos do Kir’s e Amigos do Barbantia no campo de Vista Alegre. O encontro disputouse o sábado a partir das 18:00 da tarde co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro, a cal conta cunha delegación en Boiro. A entrada tiña un custe de dous euros e, xunto co pase, entregábase unha rifa numerada para participar nos sorteos que se celebraron ao longo da xornada.

A presidenta da Asociación Española Contra o Cancro de Boiro, Marisa Lojo, sinalou que os cartos destínanse maioritariamente á investigación. Na primeira convocatoria conseguiron 2.600 euros, mentres que a contía ascendeu a 3.500 na segunda. O partido chegou este ano á súa terceira edición cunha recadación de 4.336 euros, superando todas as expectativas grazas aos catrocentos asistentes que se achegaron ata o campo de Vista Alegre. Así mesmo, o 26 de agosto realizaráse unha cea co mesmo propósito.

Por todo isto, non é de estrañar que a cita resultase todo un éxito. O encontro rematou coa vitoria do Amigos Kir’s por 5-0.

https://www.youtube.com/watch?v=n7uYZkGWZOA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.