Unha nova edición de Salsa na Rúa convida ao público ribeirense a bailar

O festival «Salsa na Rúa» regresa a Ribeira este sábado 27 de agosto con máis horas de espectáculo que nas anteriores edicións. O director da Escola de Baile El Tomasón, Orlando González, xunto á concelleira de Cultura, Fabiola García, e aos profesores do citado centro, Félix Verdes e Diana Fernández, presentaron hoxe o evento no Consistorio ribeirense. A cita contará cun total de 89 bailaríns que estenderán o seu arte e talento por toda a cidade.

O calendario de actividades comezará ás 11:00 da mañá na rúa Alcalá Galiano con talleres e animación, prolongándose ata as 14:00 da tarde. O foco de atención trasladaráse á porta do Sol ás 14:30 cunha exhibición centrada especialmente no público infantil. Máis tarde, ás 15:30, regresaráse a Alcalá Galiano para acoller a actuación Concierto Sentido, enfocada a un público máis adolescente e xuvenil.

A partir das 22:30 terá lugar no Malecón a xa tradicional Gran Gala de Clausura con participación das escolas Baila Conmigo (de Celanova), Bailavigo (da cidade olívica) e Swing Girls, Diana Fernández e Ito, Luzinho e Janet, Arabesque e Salsanova, ademais de Orlando e Tania.

No tocante aos estilos do festival, estarán presentes todo tipo de bailes latinos como a salsa, a bachata e o tango, entre outros. Unha edición que conta con máis colaboradores ca nunca, entre eles, o Concello de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.