Os últimos en incorporarse ao novo curso académico serán os estudantes de bacharelato e educación secundaria, que hoxe regresan ás aulas con distintas presentacións e tutorías que se sucederán ao longo da mañá. Un total de 19.215 mozos iniciarán hoxe as clases nalgúns dos institutos da Coruña e a área metropolitana, unha cifra que supón un incremento considerable con respecto á matrícula do ano anterior, onde estudaron estes ciclos educativos 18.950 alumnos, o que supón 264 menos, segundo os datos achegados pola Consellería de Educación.
Tamén existen diferenzas moi significativas en canto aos ciclos, posto que a maioría dos estudantes que hoxe regresan a clase -14.243- farano nalgún dos cursos da educación secundaria obrigatoria (ESO); mentres que, soamente 4.971 ocuparán, as aulas de bacharelato.
Os institutos da cidade coruñesa volven ser os que máis matriculados suman, con 14.602 mozos, seguidos dos centros educativos de Oleiros (con 1.773 estudantes de ESO e bacharelato), Culleredo (1.330), Arteixo (1.137) e Cambre (1.080). Por contra, os concellos da comarca que menos alumnos teñen inscritos nestes ciclos son Mesía (65), Bergondo (135), Abegondo (136) e Miño (145).
Vinte Mil Alumnos De Eso E Bacharelato Volven Hoxe A Clase
Please login to join discussion