A firma pobrense Congalsa impulsou unha nova iniciativa para dar visibilidade á súa aposta pola sostibilidade e preservación da contorna natural. Colaborou con Amicos nunha acción conxunta para desenvolver unha limpeza medioambiental por unha ruta en San Isidro, na Pobra.
Sumáronse a esta xornada voluntarios das dúas entidades, máis de 40 persoas que se deron cita para combater á basuraleza e contribuír á redución dos residuos nos espazos naturais. Nesta batida de limpeza recolléronse 19 kilos de plásticos, sete dunha mestura de residuos e tres de papel. Entre o lixo atopado había moita variedade, dente as habituais cabichas, a cordas, latas e envases de plásticos.
Miguel Beiro, responsable de Alianzas e Empresas de Amicos, agradeceu a colaboración
do voluntariado de Congalsa, e destacou que as cooperacións con empresas representan un
piar importante ao axudarnos a cumprir coa máxima de amicos de Coidar do medio e das persoas.
Pola súa banda, Isabel Canas, directora de Relacións Externas de Congalsa, destacou a
relevancia desta actividade ao poñer en valor o compromiso da empresa coas
premisas da sostibilidade ambiental e preservación da contorna, dúas das liñas de acción
máis destacables de cantas impulsa a empresa pobrense en termos de gobernanza corporativa.


