A ILLA DE SÁLVORA consolídase como destino turístico da arousa, onde se prevé superar as 10.000 visitas neste ano

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá a Illa de Sálvora, acompañada polo alcalde de Ribeira Manuel Ruiz, o senador José Luis Torres Colomer e unha grupo de voluntarios, entre os que se atopan varios usuarios de Amicos.
A conselleira recordou que a Xunta de Galicia ten o firme compromiso de protexer e enxalzar os valores que representa o parque, polo que se traballa na elaboración do Plan Director da Paisaxe Cultural da Illa de Sálvora. Un proxecto que se enmarca tanto no Plan Nacional de Arquitectura Tradicional, como no da Paisaxe Cultural, ambos desenvolvidos polo Instituto do Patrimonio Cultural de España en colaboración coas comunidades.
Avanzou que outro dos retos da actual Xunta é conseguir a declaración da Illa como Ben de Interese Cultural (BIC). Para acadar ese obxectivo, un dos primeiros traballos foi levar a cabo a primeira fase de consolidación da aldea de Sálvora, con actuacións nas vivendas, a retirada de residuos e a recompilación de útiles (como potas, cubertos ou pezas de mobiliario) para nun futuro expoñelos ao público. Uns traballos aos que a Consellería de Medio Ambiente destina un orzamento de 230.000 euros.

A conselleira trasladou que a Xunta intentará optar aos fondos que o Estado destina á conservación e enriquecemento do patrimonio histórico, co fin de poder financiar a adecuación da Fábrica de Salgadura, do antigo bar, do faro, así como das demais vivendas e hórreos que se conservan na illa; “construcións que están catalogadas e que contan cunha ficha individual para ser incluídos como BIC”.
Por último, sinalou que hai outro vector que inflúe no mantemento deste patrimonio e que é unha tarefa de todos, polo que “só actuando con responsabilidade somos capaces de conservar, manter e gozar deste xoias da natureza. Agradeceu o traballo que están a facer os voluntarios, pois coa seu traballo contribúen á conservación do patrimonio natural, da biodiversidade e dos elementos etnográficos e culturais que fan de Sálvora un sitio único e especial.

https://www.youtube.com/watch?v=Vjb4Zn59fS4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.