Deportes

O CONXO, O SANTA MARIÑA E O CARREIRA CONQUISTARON A COPA SÁLVORA NAS SÚAS CATEGORÍAS


O campo da Fieiteira foi unha festa do fútbol. O torneo de fútbol base máis lonxevo da comarca volveu a disputarse esta fin de semana, unha cita na que participaron 44 equipos e no que se disputaron as categorías alevín, benxamín, prebenxamín e a biberón contou cunha exhibición. Esta Copa Sálvora rematou con catro campións: o Conxo foi o mellor equipo en dúas competicións, o Santa Mariña e o Carreira.

O sábado disputouse o cadro alevín, e despois das correspondentes eliminatorias chegaron á final o Oroso e o Conxo. Finalmente os santiagueses do conxo leváronse a vitoria e proclamáronse campións da categoría. Ademais o seu porteiro, Nicolás Molino, recibiu o trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro.

Tamén se xogou o apartado prebenxamín, onde se mediron na final tras ir eliminando a equipos nas fases previas o Conxo e o Santa Mariña. Nesta ocasión o Conxo repetiu de novo facéndose co trofeo que o recoñece como o mellor equipo do torneo. E o meta do Santa Mariña, Yago Estévez, recibiu o galardón ao mellor porteiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.