Deportes

O COMITÉ TERRITORIAL DE APELACIÓN ESTIMA A RECLAMACIÓN DO NOIA POR ALIÑACIÓN INDEBIDA DO BETANZOS, O QUE PODERÍA SIGNIFICAR O ASCENSO DO BOIRO


O Comité Territorial de Apelación da Federación Galega de Fútbol vén de aceptar a reclamación do Noia CF por aliñación indebida do Betanzos. Segundo recolle o comité a infracción cometida sería pola aliñación do xogador Anthony Gardette no partido no que o Betanzos se medá ao Victoria o pasado 7 de maio. En primeira instancia esta reclamación do Noia foi desestimada polo comité de competición e disciplina da federación. E agora, tras este anuncio do comité de apelación que se coñeceu onte, dáselle ao club betanceiro dous días para presentar alegacións na sua defensa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.