Hai pouco máis de cinco anos, Paula Cambeses remataba bacharelato no IES Félix Muriel para dar o salto á universidade. Elixiu o dobre grao de Matemáticas e Física que está a piques de finalizar cunha media superior ao 9. Só lle queda presentar o Traballo de Final de Grao para poñer o punto e final a esta etapa e pensar na seguinte na que agarda estudar dous másteres: un de matemáticas e outro de intelixencia artificial.