Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DÁ LUZ VERDE AOS PRIMEIROS 47 MILLÓNS DO PLAN ÚNICO


Deputación da Coruña celebrou o pasado venres o derradeiro pleno do actual mandato, no que se aprobou por unanimidade a asignación dos primeiros 47 millóns de euros do Plan Único (POS+2023), que inclúen financiamento de 200 obras nos municipios da provincia e 7 millóns de euros para o financiamento de gastos sociais dos concellos. É a primeira achega do POS+2023, que este ano conta cun orzamento total de 89 millóns de euros para os 93 concellos coruñeses.
No apartado de Vías e Obras, o pleno deu luz verde a investimentos en estradas provinciais por importe de máis de 5,3 millóns de euros entre os que destacan a ampliación e mellora da estrada DP-1105 de Noia a Boiro (923.074 €).
Na comarca do Barbanza esta primeira parte do Plan Único contará cun orzamento total de 6,2 millóns de euros en 26 investimentos. Ribeira contará cos 1,4 millóns de euros, Boiro 726.300, Porto do Son recibirá 511.600 euros, Outes 500.000. Mentres que Noia ronda os 475.500 euros, Muros terá 468.500, Rianxo recibirá 446.400 euros, Lousame contará con 382.000 euros e a Pobra 351.900 euros.
Ademais de investir estes fondos en obras, tamén hai partidas destinadas ao gasto corrente dos concellos para mellorar servizos públicos como o alumeado, limpeza viaria, recollida de lixo ou mantemento de zonas verdes. E outras destinadas a investimentos e actividades de carácter social.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.