O Noia amosou a súa garra na casa, unha versión á altura da campaña realizada polos xogadores adestrados por Marlon Velasco que rematan unha temporada histórica ante o mellor equipo nacional na actualidade: o Mallorca Palma Futsal. Os brancos tiraron de épica e eficacia para mandar o encontro á prórroga, tempo extra no que os baleares suaron para adiantarse en superioridade numérica para apagar o lume do Agustín Mourís e pasar ás semifinais da loita polo título cun axustado 3-4.