Esta fin de semana volveu a vela á ría. O Real Club Regatas Galicia organizou o 27 de maio o Trofeo Santa Rita, onde houbo unha gran presenza de embarcacións da comarca. O percorrido estivo condicionado polas condicións meteorolóxicas, onde imperou un vento que oscilou entre os 6 e os 11 nós. A clasificación xeral estivo dominada pola embarcación local Fixius, mentres que o segundo posto foi para o Camping Ría de Arosa, do náutico Arousa Norte.