O libre marisqueo era unha das actividades máis agardadas polas confrarías para ter unha actividade e ingresos extras ao longo do exercicio. Pero nos últimos anos os malos resultados non invitaban ao optimismo aos profesionais do mar, que viron como en xaneiro se pechaba a campaña pola falta de marisco nos bancos, tres meses antes do marcado no calendario. Agora o sector traballa na súa recuperación para poder abrir o libre con garantías na vindeira campaña.