Deportes

REMATOU EN PORTOSÍN O CAMPIONATO GALEGO DE ILCA


As augas da ría de Muros e Noia viviron esta fin de semana seis regatas moi disputadas enmarcadas no Campionato Galego de ILCA, organizado polo Náutico de Portosín. Déronse cita os mellores regatistas galegos para facerse con este campionato nas súas tres clases. A 4 foi dominada por Miguel Rodríguez, do Canido, a 6 por Andrés Barreiro, tamén do Canido, mentres que a vitoria na 7 quedou na casa ao conquistala Miguel Reboreda, do Náutico de Portosín.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.