A vespa velutina xa ten colonizada a comarca

A vespa velutina xa ten colonizada a comarca, estas vespas de orixe asiática chegaron ó noso país para quedarse, malia os traballos que se realizan para a súa eliminación é prácticamente imposible erradicala. Esta mañá acompañamos ós membros de Protección Civil da Pobra na revisión de varias colmeas localizadas no municipio, grazas as alertas veciñais. Son colmeas de difícil localización ó estar asentadas en lugares altos, onde a xente non soe mirar. Dende protección civil prevén a existencia de moitas máis colmeas desta vespa ó longo da comarca. O principal problema para a súa erradicación, é, ademais da altura á que están colocadas as colmeas, que cada colmea pode conter varios centos de raíñas, o que da lugar a novas colmeas.
Nos próximos días os voluntarios de protección civil tratarán de erradicalos niños, porén as vespas sempre voltan ó mesmo lugar ou a un lugar próximo a colocar un novo niño, según nos explicou o responsable de Rrotección civil da Pobra, estas vespas deixan feromonas nos lugares que ven propicios para asentarse, motivo polo que voltan á zona a facer un novo niño. Isto fai necesario esparcir un producto na zona para evitar unha nova colonización.

Dende Protección civil envian unha mensaxe de tranquilidade ós veciños, non son vespas asasinas, son como as nosas, e non pican se non se lles molesta. A poboación debe perder o medo e alertar ó 112 en caso de localizar un niño.

https://www.youtube.com/watch?v=4Qr-emVRiHI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.