O Real Club Náutico Portosín acolleu a presentación do II Trofeo Pitusa Sabín, que nesta segunda edición é Copa de España de Cruceiros ORC – Zona Galicia.
O club portosinense, anfitrión da cita de alto nivel por concesión da Real Federación Española de Vela, organiza este fin de semana a regata con probas combinadas entre percorridos costeiros e probas técnicas montadas ó vento, tipo barlovento-sotavento.
A primeira xornada, que se desputará este sábado, constará dun percorrido costeiro largo, con saída ás 12.00 horas dende as inmediacións do Real Club Náutico Portosín.
O segundo día de competición, con saída ás 13.00 hora,s os veleiros afrontan duas probas de percorrido entre boias, fondeadas no interior da Ría de Muros e Noia, con 4 millas de percorrido total en cada manga.
https://www.youtube.com/watch?v=PPMVlHQjoro