Pouco lle durou ó sector do cerco a alegría de atopar bocarte na costa Galega, xa que dende hoxe non o poden pescar, así o afirman dende a Asociación de armadores do cerco Acerga que ameazan con iniciar protestas contra o reparto do bocarte na XI a, dende Cabo Touriñán ata Cádiz, onde so contan con 57 toneladas de cota para 153 barcos.
O bocarte recorre a costa galega cada ano, e logo desaparece, é nese momento cando os cerqueiros queren pescalo, mais soio queda cuota na VIII C, polo que precisan dun traspaso da mesma.
Representantes do sector convocarán unha asamblea para determinar os pasos a dar, as manifestacións son unha opción, pero a gato escaldado todo son pulgas, e no cerco, prefiren agotar antes outras medidas.
https://www.youtube.com/watch?v=xeBMNf2uVsc