O salón de plenos de Ribeira viviu esta mañá unha sesión extraordinaria cun tema moi demandado pola corporación: a municipalización do aparcamento do Centenario. Nesta convocatoria os grupos deron o seu parecer ao respecto de tres cuestións: a aprobación da memoria da municipalización, a ordenanza reguladora do prezo público e o regulamento do mesmo.