O mexillón convertirá a Boiro no epicentro gastronómico do fin de semana

Cabo de Cruz acollerá unha nova edición da Exaltación do Mexillón de Galicia por décimo quinto ano consecutivo. Dito evento aposta, máis que nunca, por coidar a presentación. De feito, por primeira vez, o molusco servirase nun prato conmemorativo e artesanal realizado por oleiros de Buño.

A cita gastronómica arrancará na noite do sábado 20 de agosto cando, ao redor das 21:00, as racións de paella comecen a invadir as mesas dispostas na explanada do porto crucense. A inauguración da festa adicada á exaltación do mexillón está prevista para o domingo 21 de agosto a partir das 12:30 do día.

Fronte á lonxa de Cabo de Cruz reúnense cada ano centos de comensais co propósito de saborear este molusco da ría de Arousa que prepara o chef Miguel Mosteiro a través de catro receitas. Nesta ocasión, ademais dos mexillóns ao vapor e como recheo de empanadas, ofreceráse tamén unha ensalada a base do molusco con picatostes, aliño e noces, así como un humos de garavanzos e mexillón. Por iso non resulta estraño o feito de que, para a elaboración destes pratos, se necesiten 4.000 quilos do molusco.

O Concello de Boiro organiza esta festa coa colaboración da Deputación e o respaldo da denominación de orixe de Mexillón de Galicia, así como das asociacións locais A Marxa, Amebarraña e Virxe do Carme.

https://www.youtube.com/watch?v=1UXseP5eklw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.