A conta atrás está a piques de chegar ao seu final. Mañá dispútanse no Agustín Mourís as finais da Copa Galicia, xornada clave do futsal galego que arrancará ás 12.30 co enfrontamento entre o Marín e o Burela. Pola tarde, ás 19.00 horas, será a quenda da final masculina. Veranse as caras o Noia Portus Apostoli, último vencedor, co Lugo. Un encontro pintado en vermello para os noieses, que queren revalidar o título.