Deportes

O FÚTBOL SALA GALEGO DARASE CITA O MÉRCORES EN NOIA. O AGUSTÍN MOURÍS ACOLLE AS FINAIS DA COPA GALICIA FEMININA E MASCULINA


O Agustín Mourís, no que aínda resoan as celebracións deste sábado, volverá a ser escenario dunha importante cita para o fútbol sala galego. O pavillón da vila de Noia será o escenario no que se dispute a coroa da Copa Galicia de fútbol sala. A conta atrás encara o seu final con dous atractivos duelos. Por unha banda, a final feminina na que se medirán o Marín e o Burela celebrarase este mércores ás 12.30 horas, mentres que a masculina entre o Noia e o Lugo vivirase a partir das 19.00 horas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.