Esta madrugada do venres ás 00.00 deuse o pistoletazo de saída da campaña electoral co fin nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Os partidos aspirantes aos gobernos dos concellos saíron a pegar os seus carteis ao longo e ancho das localidades. En Ribeira, o punto de encontro foi a praza do concello onde coincidiron seis grupos. O PP comezou hoxe a dar os seus primeiros pasos desta campaña.