Esta nova edición do premio de literatura infantil Carlos Mosteiro pechouse co premio para María Canosa. A escritora fíxose co quinto certame impulsado polo Concello da Pobra coa súa obra “Teño un volcán dentro”, no que narra a historia dun rapaz con síndrome de Asperger e o seu proceso de integración a un novo centro educativo. Esta mañá fíxose a entrega oficial do premio á súa gañadora no auditorio do Museo Valle-Inclán.
MARÍA CANOSA, GAÑADORA DO V PREMIO CARLOS MOSTEIRO, PRESENTOU NA POBRA O SEU LIBRO “TEÑO UN VOLCÁN DENTRO” ANTE OS ALUMNOS DO SALUSTIANO REY EIRAS


