O deporte segue a estar en primeira liña en Boiro. Recentemente o Club de Natación do municipio vén de firmar unha gran temporada, o que lle valeu para conseguir o histórico ascenso á Primeira División Galega. Para chegar a este obxectivo foi necesario moito traballo e implicación de nadadores e corpo técnico.