Unha temporada máis da Primeira Galega encara o seu final. Logo de 33 xornadas onde o fútbol estivo servido, toca vivir a derradeira na que, por fortuna, os equipos da comarca xa non se xogan máis que tres puntos. Todos poderán despedirse brindando un bo resultado ás súas afeccións xa que todos disputarán este último partido na casa. O Cidade de Ribeira xoga ante o Xallas, o Puebla contra o Soneira e a Esteirana co Dumbría.